A Deputación de Pontevedra reclamará á Axencia Tributaria a devolución de 31.000 euros do céntimo sanitario
A Deputación de Pontevedra reclamará á Axencia Tributaria a devolución do céntimo sanitario cobrado entre 2010 e 2012, ambos os anos incluídos, e que ascende a un total de 30.965,72 céntimos.
Esta solicitude prodúcese despois de que unha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea declarase contrario ó dereito comunitario o cobramento deste imposto (Imposto sobre Ventas Minoristas de Determinados Hidfrocarburos), instaurado a nivel estatal en 2002 para contribuír ó financiamento da sanidade e que practicamente todas as comunidades autónomas instauraron (a excepción de Euskadi, La Rioja e Aragón).
Malia que a sentenza implica que este imposto non se debería ter cobrado en ningún momento, só se poden reclamar as cantidades correspondentes ao período 2010-2012. As anteriores a 2010 non poden ser reclamadas porque terían prescrito, tal e como establece a Lei Xeral Tributaria, segundo a cal só se poden solicitar as devolucións derivadas de ingresos indebidos nos últimos catro anos, e en 2012 xa deixou de cobrarse o antedito imposto.











