Pontevedra á espera da decisión final para converterse na anfitrioa da XXI Edición do Concurso Mundial de Bruxelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra espera a decisión final do comité organizador da “XXI Edición do Concurso Mundial de Bruxelas en Rías Baixas 2015”, para converterse na sede anfitrioa que acolla este evento de ámbito internacional, un dos máis recoñecidos e prestixiosos concursos mundiais do sector do viño.

Trala visita realizada durante a xornada de onte e hoxe do presidente do concurso, experto da FAO e director xeral de Vinopress, Baudouin Havaux xunto ao asesor do Parlamento Europeo e da Comisión de Desarrollo Rexional, José Manuel Revuelta, ademais de outros técnicos que analizaron e comprobaron estes días as infraestruturas, adegas e estruturas vinícolas, entre as que están Lagar de Pintos, Pazo Baión, Pazo de Fefiñáns, Salón de Congresos José Peña de Cambados, Consello Regulador da DO Rías Baixas en Pontevedra, a Praza de Abastos da cidade, ou o Pazo de Congresos de A Toxa, se estuda a posibilidade de que organismo provincial albergue a vindeira edición do concurso vinícola.

O presidente da Deputación xunto aos responsables do evento, analizaron hoxe en rolda de prensa as posibilidades do proxecto presentado polo organismo provincial. Deste xeito Juan Manuel Revuelta destacou que se trata “dunha aposta pola innovación, o emprego e o emprendemento, así como pola xestión dos fondos europeos a través do proxecto LIFE Viñas Atlánticas, Pousadas ou o Programa Rutas dos Salnés”. Por outra banda fixo fincapé na “necesidade de traballar nun proxecto común para conseguir a internacionalización do sector traballando no contexto do horizonte 2020”.

Neste senso Rafael Louzán destacou a oportunidade que supón para Pontevedra e a D.O. Rías Baixas acoller este evento xa que significa “unha aposta pola calidade do sector e os procesos de internacionalización e á hora de reforzar a súa posición no mercado nacional e internacional”. Ademais, incidiu na gran importancia da D.O. Rías Baixas á hora de xerar traballo, con máis de 10.000 familias que hoxe viven deste sector, aportando máis do 7% dos empregos directos dos concellos nos que se asenta, porcentaxe que se eleva ata o 12 % nas épocas de vendima con especial incidencia na Comarca do Salnés, na que a D. O. Rías Baixas supón máis do 13 % dos empregos fixos, e o 20% cando se suman as contratacións eventuais.

Pola súa parte, Baudouin Havaux destacou as características propias dos viños atlánticos e da D. O. que tivo a oportunidade de coñecer de primeira man e que definiu como “emblemáticos” e cunha gran necesidade de potenciación xa que existe unha idea falsa do que son os viños españois, ás veces tan só representados pola Rioxa ou A Mancha. Havaux manifestou ademais o seu interese por volver e atraer aos paraxes das Rías Baixas aos mellores expertos, catadores e xornalistas internacionais para dar a coñecer os viños da comarca e que a decisión final da celebración do concurso se coñecerá tras estudar diversas propostas e cara a finalización do concurso que este ano se celebrará en Bruxelas.

Concurso de renome internacional

Este prestixioso concurso celebrado por primeira vez na cidade belga de Bruxas, foi creado en 1994 e foi adquirindo un gran prestixio que hoxe o dotan de fama e recoñecemento internacional de xeito que é o equivalente a un Campionato Mundial de cata no que concursan 8.000 viños de máis de 40 nacionalidades, que representan a máis de 500 millóns de botellas comercializadas.

O concurso, que xa celebrouse en pasadas edicións en Lisboa, Maastricht, Burdeos, Valencia, Palermo, Luxemburgo, Guimaraes e Bratislava, volverá a celebrarse este ano na cidade que o viu nacer, Bruxelas, con motivo do seu 20 aniversario,  do 2 ao 4 de maio. Contará cun xurado formado unicamente por profesionais do sector do viño con catadores, enxeñeiros, enólogos, xornalistas e escritores, compradores e operadores internacionais, sumilleres e expertos recoñecidos no mundo vitivinícola.

26 de abril de 2014 | 21:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.