Licítanse as obras de demolición da estrutura dun edificio de vivendas en Padrón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPadrón
A-
A+
Edificación que será demolida

Edificación que será demolida

A Xunta de Galicia licita as obras de demolición dunha estrutura dun edificio de 74 vivendas, con entresollado, planta baixa, dúas plantas e baixo cuberta no lugar de Pedreira, termo municipal de Padrón. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación deste contrato, cuxo prazo de execución é de 5 meses.

Esta edificación, que carece de licenza municipal e ademais non se adapta ao contorno existente e non conta ca autorización autonómica esixible polos artigos 33 e 37 da Lei 8/1995, do Patrimonio Cultural de Galicia, xa que a edificación situase no contorno de protección do Convento dos Dominicos, incluído no Catálogo Complementario de Bens con valor histórico artístico ou cultural.

As previsións da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística son adxudicar estas obras antes do verán, co fin de que este mesmo ano quede restablecida a legalidade urbanística neste punto. Os interesados en presentar as súas ofertas a este contrato de obra pública dispoñen ata finais de maio.

O pasado 15 de xaneiro de 2004 o responsable de Urbanismo ditou resolución declarando ilegalizables as obras de construción deste edificio e ordenando a súa demolición a custa do interesado, co apercibimento da súa execución forzosa en caso de incumprimento da citada orde de demolición.

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou Resolución dispoñendo a execución forzosa da mesma mediante a execución subsidiaria a custa do obrigado.

Dende a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sinálase que este tipo de actitudes demostran o cumprimento do obxectivo último da APLU, que non é o de derrubar, sancionar e recadar, senón contribuír a ordenar e protexer o territorio galego, crear unha conciencia social de acatamento normativo e de respecto pola natureza e o coidado do medio.

A finalidade da APLU é velar polo uso racional do solo consonte ao que dispón a normativa reguladora do urbanismo e do litoral, especialmente no medio rural e na zona de servidume de protección do dominio público marítimo.

25 de abril de 2014 | 12:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.