publicidade hoxe

Proxecto de publicación e edición audiovisual sobre unha das parroquias de Guitiriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitiriz
A-
A+

Escribir sobre Os Vilares é o obxeto desta iniciativa, as orixes desta parroquia , o seu espazo xeográfico, pero sobre todo a súa xente que ao longo do tempo foron as testemuñas e protagonistas de tódolos cambios que se viñeron producindo ao longo do último século.

Cada veciño ara o seu rego para facer dos Vilares  a Terra Sucada, sementada e traballada nas miles de páxinas que podería ter cada libro e cada vida .

Sabemos que Os Vilares e Guitiriz van ser no ano 2014 o centro da cultura e as letras galegas pola homenaxe que o mundo rendirá ao indixena parroquiano Xosé María Díaz Castro.

Independentemente da merecida dedicatoria ao poeta chairego, a contorna do seu nacemento e crianza merece tamen proxectarse ao coñecemento dos que alí nunca estiveron nin saben.

Díaz Castro é un dos milleiros de Vilaregos que conxuntamente cos seus vecinos anónimos  formaron parte da historia, o traballo e a construcción dunha parroquia que desde a natureza se proxectou aos nosos días.

Faise necesaria a publicación que poña en valor as cualidades dos Vilares desde a lembranza recente dos vivos e antergos cun traballo que os habitantes da parroquia se sintan protagonistas e fachendosos do seu.

Traballo que constaría dunha parte escrita en formato libro e unha parte audiovisual complementaria en formato DVD

O lar é o centro da casa e implica familia, descendencia, propiedade, costumes, valores, tradicións…A casa está rodeada dun curral onde viven os animais como o can, o gato, galiñas, porcos e vacas. Tamen se gardan os apeiros de labranza, o carro, o arado, os xugos, os sachos…

Na cociña está a lareira, a alma da casa onde se prende o lume, punto de encontro da familia. O lume é a chama viva que nos dá calor e luz.

Na lareira pasábanse as longas noites do inverno, ao calor do lume  encendíase a imaxinación e aparecía o medo, que é bon ter medo, porque o medo da lareira tamen educa e cría.

O fume da lareira afuma os chourizos e xamóns e sae pola cheminea cara o mundo oculto con mensaxes. Sirve incluso para alonxar as tronadas.

As familias eran amplas, pais, sete, dez ou doce irmáns, avós, e irmán ou irmá solteiros dos pais ou avós.

Con esta publicación  pretendese a través do tempo achegarnos á lareira, aos lares.

Nos lares vilaregos e de parroquias veciñas e amigas consérvase ainda o pouso  do carro, transporte rural de colleitas, de persoas enfermas vivas e mortas. O canto do carro inspirador de poemas e cantigas…

Os arados de milleiros de sucos…

As fouces que segaron centeo e trigo, o pan da vida.

Os potes fumeando e arrecendendo a nabal.

Candís que alumearon noites de lóstregos e sexo de estopa.

Cántaros de auga fresca da Fonte de Baixo.

Sellas que facían torres de Muller.

E os retratos, espellos de tempos pasados…

28 de marzo de 2014 | 10:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.