Ludoteca e obradoiros na Feira do Lázaro 2014
Co fin de converter a Feira do Lázaro nun evento completo con actividades destinadas para todos os públicos, o Pavillón de Deportes será o escenario, durante os días 05 e 06 e abril da realización dun amplo abano de obradoiros para nenos/as.
Na xornada do sábado, os/as máis pequenos/as poderán participar en actividades de maquillaxe infantil e obradoiro de tarxetas de 11.30 a 14 horas, e obradoiros de animais recortables, gorros e bolboretas a partir das 17 horas. Mentres que o domingo, desde as 12 ás 14 horas, realizaranse obradoiros de cadros e maquillaxe infantil; e pola tarde, de 18 a 20 horas, maquillaxe facial con aerógrafo e tatuaxes, obradoiros de cociña infantil, coches e flores.
Por outra banda, o sábado 05 de abril, ás 19 horas, terá lugar un espectáculo de grupos de baile e acrosport infantil. Ademais ambos días, e durante o horario de mañá e de tarde estará dispoñible un servizo de ludoteca para que os pais e nais poidan gozar da feira, mentres os cativos/as tamén se divirten, que nesta edición estará situada no ximnasio do propio Pavillón de Deportes.
Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín, Plan de Competitividade Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Saroni, Socitransa, Parador de Turismo de Verín, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, Espina & Delfín, Rótulos Losada, MRW, Esinor, AEVER-CCU Verín e AEHCOM.











