publicidade hoxe

A Cañiza acolle unha campaña informativa sobre recolleita selectiva e reciclaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia, xunto con ECOEMBES, SOGAMA, Ecopilas, ERP e ECOLEC puxeron en marcha unha campaña encamiñada a informar e concienciar sobre a recolleita selectiva e o reciclaje en concellos, asociacións e colexios públicos galegos co obxectivo de incidir directamente na poboación para que esta comprenda a importancia de mellorar a clasificación dos residuos xerados nos seus fogares.
 
Búscase como obxectivo primordial que cada concello logre reducir a cantidade de materiais non desexados nos contenedores amarelos. Do mesmo xeito, a campaña tamén incidirá sobre que residuos hai que depositar en cada tipo de contenedor, co fin de mellorar o reciclaxe.
 
Ao longo das últimas décadas, o traballo das Administracións Públicas e das entidades que velan pola mellora e conservación do Medio Ambiente, especialmente a favor do reciclaxe e da reutilización dos envases, obxectos, ferramentas e electrodomésticos, trouxo consigo unha progresiva concienciación dos consumidores, que cada vez son máis conscientes da importancia de reducir, reutilizar e reciclar.
 
Pero paradóxicamente, unido á boa vontade do consumidor concienciado, a día de hoxe existen aínda algunhas dúbidas á hora de separar correctamente os residuos nos fogares. É o que se coñece co nome de impropios, é dicir, aqueles residuos que son depositados de forma equivocada no contenedor de reciclaxe.
 
Deste xeito, os principais residuos impropios que se depositan no contenedor amarelo son perchas, xoguetes, pequenos electrodomésticos, roupa, discos compactos, cintas de video ou audio, pañales ou envases doutros materiais como caixas de cartón ou tarros e botellas de vidro.
 
E no que se refire ao contenedor verde de fracción resto, aínda que o consumidor acerta máis á hora de depositar os seus residuos, aínda se atopan materiais e restos especiais que terían un destino máis favorable e seguro si se levasen a un punto limpo (cerámica, porcelana, vasos e copas de cristal, envases de medicamentos, etc.)

3 de marzo de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.