O delegado da Xunta en Ourense recibe ao novo deán do cabido catedralicio ourensán

Rogelio Martínez na reunión co novo deán
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, recibiu esta mañá no seu despacho ao novo deán-presidente do Cabido catedralicio ourensán, José Pérez Domínguez. O representante do Goberno galego mantivo así o seu primeiro encontro institucional con Pérez Domínguez desde que, hai un mes, tomou posesión . José Pérez desempeñaba o cargo de cóengo da Catedral ourensá desde o ano 1991 e substitúe no cargo a Serafín Marqués, cóengo desde 1967 e deán do Cabido catedralicio desde o ano 2005.
Na xuntanza -á que tamén asistiu o cóengo prefecto de cerimonias, Manuel Emilio Rodríguez Álvarez- abordaron diversos temas nos que Xunta e Igrexa están implicados.











