O Concello de Ordes pechará a circulación na estrada de Mercurín
O Concello de Ordes restrinxirá a partir de mañá martes 4 de febreiro a circulación de vehículos de máis de 5,5 toneladas pola estrada de Mercurín, tal e como foi anunciado na sesión plenaria ordinaria do pasado mes de xaneiro. Unha mala situación que se traduce nun elevado novel de perigosidade e siniestralidade tanto para condutores como para os transeúntes e a veciñanza desta zona en xeral.
No pasado pleno solicitóuselle á Xunta de Galicia que asumise a titularidade desta estrada, cuxo arranxo leva impedindo dende hai xa varios anos. Unhas obras de mellora orzamentadas en máis de 2,5 millóns de euros con cargo ao Plan Míner e conseguidas polo Concello xa no ano 2008, contando incluso coa redacción do proxecto dende 2010. A pesar de que só resta a sinatura do convenio entre o Concello de Ordes, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Turismo y Comercio para que poidan adxudicarse as obras, ésta non se produce debido á actitude por parte do goberno rexional.
Deste xeito, e tras colocar os carteis correspondentes que advirte da prohibición de circular polo vial dende a rotonda do polígono industrial de Merelle ata o Concello de Cerceda, tan só se permitirá o tránsito dos vehículos autorizados, como é o caso de turismos ou os autobuses de transporte escolar. No caso dos transportes de gran tonelaxe deberán optar polos distintos desvíos existentes tanto na estrada de Carballo como na zona do Mesón do Vento.











