O Centro de Interpretación Terras do Miño amosa trucos para recoñecer animais e plantas da Reserva da Biosfera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

25 persoas participarán mañá nunha ruta organizada polo Centro de Interpretación para dar a coñecer entre as familias lucenses a flora e a fauna da Reserva da Biosfera Terras do Miño. A actividade, para a que era preciso anotarse previamente, realizarase entre as 11:00 e as 14:00 horas na contorna do Paseo do Río Rato e é completamente gratuíta.

Trátase dunha actividade para achegar, dun xeito lúdico e adaptado a todos os públicos, a riqueza natural da provincia. Concretamente, os participantes realizarán un percorrido a pé polas inmediacións do Centro de Interpretación Terras do Miño, recibindo as indicacións dos monitores para recoñecer a flora e a fauna propias desta zona. Ó longo da xornada tamén se realizarán xogos interactivos como adiviñar de que animal se trata a través do seu son ou realizar traballos manuais para reproducir as especies con papel, pintura e barro.

Esta actividade enmárcase na programación do Centro de Interpretación Terras do Miño para o primeiro trimestre do ano que inclúe propostas para todas as idades coas que divulgar o patrimonio natural da provincia. Todas as actividades son gratuítas e pódense consultar na web www.deputacionlugo.org.

21 de febreiro de 2014 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.