Máis de 2.000 euros en premios no Entroido mindoniense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondoñedo
A-
A+

A cidade do Masma convida a todos a participar da xenialidade e maxia do entroido que se densenvolverá o vindeiro sábado día 8 de marzo, organizado polo Concello e no que colabora a ACIAM e a Área de Cultura da Deputación Provincial. Máis de dous mil euros repartiranse entre os disfraces gañadores distribuidos da seguinte maneira:

PREMIOS

CATEGORÍA ADULTO
COMPARSAS E CHARANGAS: 1º 390 eur. 2º 270 eur. 3º 150 eur.
GRUPOS DE MÁIS DE 10: 1º 360 eur. 2º 240 eur. 3º 120 eur.
GRUPOS DE 3 A 10: 1º 180 eur. 2º 120 eur. 3º 90 eur.
PARELLAS: 1º 75 eur. 2º 40 eur. 3º 25 eur.
INDIVIDUAIS: 1º 30 eur. 2º 20 eur. 3º 15 eur.

CATEGORÍA INFANTIL
GRUPOS: 1º 140 eur. 2º 75 eur. 3º 50 eur.
PARELLAS: 1º 40 eur. 2º 30 eur. 3º 20 eur.
INDIVIDUAIS: 1º 20 eur. 2º 15 eur. 3º 10 eur.

Os participantes deberán estar no Campo dos Paxariños ás 16.00 horas para incribirse, rematando a mesma ás 17.00 horas.

O desfile percorrerá as principais rúas da cidade, para rematar na Praza do Concello, onde terá lugar a actuación de “Tania e o seu acordeón”.

A entrega de premios levaráse a cabo na Praza do Concello a partir das 21.30 horas.

25 de febreiro de 2014 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.