A Federación de comercio da Mariña entrega o premio ao gañador do concurso de logo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Este fin de semana fíxose entrega do premio de 300€ ao gañador do concurso para a elección do logo da Federación de comercio da Mariña. O gañador David Rivas Pena natural de Barreiros recibiu o premio de mans do Presidente da Federación Ramón Leivas.

Esta campaña foi a primeira que puxo en marcha a Federación de Comercio da Mariña e foron numerosos os traballos presentados, un total de 42 creacións. O logo gañador reflicte os acenos de identidade do comercio que abarca toda a Mariña, creativo, innovador e representativo da unión de todo o comercio, que se viu materializada no mes de novembro do ano pasado.

En palabras do gañador: “Partir dá idea dá bolsa como icona referente ao mundo dás compras, e amósase coma un todo formado por varias partes, que representarían as distintas ACIAS dá Mariña; ademáis ou movemento envolvente que xenera a bolsa reflicte ou proceso de evolución constante ao que se ve sometido ou comercio para satisfacer as esixencias do cliente de hoxendía.
Escóllese a cor azul por ser A Mariña unha comarca que vive cara ou mar.
Optar polas siglas para non facer unha marca excesivamente longa e desproporcionada, e preséntanse en azul as letras “AM” como iniciades dá comarca”

O premio consite 300€ en vales de compra para gastar en calquera comercio asociado ás ACIAS que forman a Federación que son Ribadeo, Foz, Lorenzana, Burela, Xove, Viveiro e O Vicedo.

A Federación xa está a traballar nas súas próximas actividades, como é a creación da súa páxina web, e varias campañas de dinamización comercial que arrincarán nos próximos meses.

10 de febreiro de 2014 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.