A Emisora Falamelide do IES de Melide súmase ao Día Mundial da Radio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelide
A-
A+

No Día Mundial da Radio a Emisora Falamelide súmase á convocatoria na que radios de todo o mundo reivindican o medio como unha vía de expresión libre, como unha chamada ao acceso á información e á promoción da igualdade entre individuos.

Falamelide radio (IES de MELIDE), EMISORA ESCOLAR PIONEIRA EN GALICIA creada en 1993, que poderá sintonizarse no 90.5 da FM levará a cabo un maratón radiofónico de 24 horas, desde as 00.00 ata as 24.00 do día 13, con programas actuais e cunha selección de programas históricos da emisora. Intercalaranse na emisión un total de 6-8 programas realizados en directo.

12 de febreiro de 2014 | 10:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.