A Deputación de Lugo súmase aos actos de condena da violencia de xénero

Concentración convocada pola Deputación de Lugo
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este mércores na concentración en condena da violencia de xénero organizada diante do Concello de Lugo tras o asasinato de María Luísa Jiménez, residente na capital luguesa.
Gómez Besteiro expresou a “súa máis rotunda e absoluta condena” a este novo asasinato machista” e trasladou “o máis sentido pésame ós familiares” da vítima.
O titular provincial defendeu que a loita contra a violencia de xénero debe ser unha “prioridade” para os poderes públicos, que ten que ir acompañada de medios económicos e dunha lexislación forte, que protexa os dereitos e libertades.











