A APLU comeza a demolición da estrutura dunha edificación no núcleo de Portocelo

Edificación que será demolida
A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística inicia hoxe os traballos para a demolición da estrutura dunha edificación situada no núcleo de Portocelo, Tabagón, no Concello do Rosal. Este organismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, actúa de xeito subsidiario por orden do Xulgado Penal nº1 de Pontevedra.
Como consecuencia do procedemento executorio ordenado polo xulgado do penal, e para levar a puro e debido efecto a sentenza de xaneiro de 2012, a Axencia de Protección da Legalidade acorda levar a cabo a execución subsidiaria da demolición das obras executadas e a restitución dos terreos ao seu estado orixinal, con cargo aos penados, en cumprimento da resolución xudicial.
A elaboración e redacción do proxecto de demolición foi realizado polos técnicos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, co que se demolerá toda a edificación, incluída a cimentación mediante lousa de formigón armado. O importe deste proxecto é de case 30.000 euros, que deberá ser abonado polo propietario da estrutura.
Ao mesmo tempo, avalan a postura da Xunta sobre este organismo, cuxo obxectivo non é o de derrubar, sancionar e recaudar, senón contribuír a ordenar e protexer o territorio galego, crear unha conciencia social de acatamento normativo e de respecto pola natureza e o coidado do medio.
En definitiva, a finalidade da APLU é velar polo uso racional do solo consonte ao que dispón a normativa reguladora do urbanismo e do litoral, especialmente no medio rural e na zona de servidume de protección do dominio público marítimo.











