Raquel Arias recibe a Juan José Picón, novo director de Unión Fenosa na comunidade galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Raquel Arias na reunión con Juan José Picón

Raquel Arias na reunión con Juan José Picón

A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, recibiu nas dependencias da Delegación Territorial ao novo director de Unión Fenosa distribución en Galicia, Juan José Picón. A delegada territorial serviu como toma de contacto e benvida a Picón no se novo cometido como responsable da empresa enerxética na comunidade galega.

Na xuntanza mantida, Arias e Picón analizaron a situación actual do subministro eléctrico na provincia e coincidiron en sinalar a necesidade de continuar coas vías de colaboración entre administración e empresa de cara a conseguir medidas que redunden na mellora do servizos aos usuarios.

A delegada territorial da Xunta amén fixo un chamamento ao novo responsable de Unión Fenosa distribución na comunidade autónoma para o aumento dos investimentos desta entidade na provincia.

Neste sentido, durante a xuntanza abordáronse, entre outros temas, a liña eléctrica Cervantes-Navia, así como actuacións nalgúns puntos dos municipios de Sarria e Palas de Rei, entre outros varios.

Na xuntanza, a delegada territorial estivo acompañada do xefe territorial de Economía e Industria, José Manuel Vázquez Leirado, e tamén participou o delegado da compañía eléctrica na zona sur de Lugo e en Ourense, Rubén Menéndez.

22 de xaneiro de 2014 | 10:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.