O Bispado de Mondoñedo-Lugo lamenta a morte das dúas mulleres de Cervo
O Bispado de Mondoñedo-Lugo lamentou “profundamente” a morte “violenta” de nai e filla en Cervo, dúas persoas “moi coñecidas e apreciadas” entre os seus veciños e unha situación que encheu de “consternación” aos habitantes desta localidade e de toda A Mariña.
O bispado rexeita “enerxicamente” toda clase de violencia machista como é o caso destas dúas vítimas e sumar ao “sentimento de pesar dos seus familiares e da comunidade educativa dos colexios de Alfoz e O Valadouro”, en que a muller máis nova era profesora de relixión.
Así mesmo, mostra a súa solidariedade coa comunidade parroquial de Cervo, na que ela colaboraba activamente como catequista.
Finalmente, o Bispado fai un rogo a Deus para que “acolla” ás dúas mulleres “no seu Reino” e para que lles dea aos seus familiares e amigos a “enteireza que lles achega a esperanza cristiá”.


 Enviar a un amigo
 Enviar a un amigo Opinar
 Opinar Imprimir
 Imprimir









