Monfero aproba os presupostos para 2014
O Concello de Monfero aproba inicialmente o orzamento para o exercicio 2014 cunha cuantía fixada nun millón setecentos oitenta e cinco mil euros, quedando fixados os estados de ingresos e gastos en :
Gastos
Gastos de persoal: 747.881,97Gastos correspondentes en bens e servizos: 520.532,17
Gastos financeiros: 9.735,36
Transferencias correntes: 63.000,00
Investimentos reais: 401.664,25
Transferencias de capital: 16.713,35
Activos financeiros: 0,00
Pasivos financeiros: 25.472,90
Suma total: 1.785.000,00
Ingresos
Impostos directos: 473.558,64
Impostos inderectos: 15.255,82
Taxas, prezos públicos e outros ingresos: 44.799,89
Transferencias correntes: 939.993,68
Ingresos patrimoniais: 1.500,00
Alleamento de investimentos reais: 0,00
Transferencias de capital: 309.891,97
Activos financeiros: 0,00
Pasivos financeiros: 0,00
Suma total: 1.785.000,00
Ditos presupostos aprobáronse con 6 votos a favor do grupo de goberno (ICMON e PP), o voto en contra da concelleira do BNG e do resto da oposición (PSOE).











