O luns terá lugar a valoración dos Concursos de Postais e Conto de Nadal
Os membros do xurado designado pola Concellería de Cultura e Deportes –e formado por representantes da propia concellería, a biblioteca municipal, o CIM e os colexios da Laracha, Paiosaco e Caión- reuniranse o luns a partir das 11.00 horas na biblioteca municipal da Laracha para valorar todos os traballos presentados polos centros educativos do municipio para participar nos concursos de postais e conto de Nadal.
O certame de conto vai dirixido a estudantes do terceiro ciclo (quinto e sexto) de primaria. No de postais participan alumnos de infantil e dos dous primeiros ciclos de primaria, estando establecidas categorías de premios diferenciadas por grupos de idade. No concurso de postais, ademais dos traballos individuais, tamén se permite a participación conxunta de toda unha aula.
O fallo do xurado será publicado na web oficial do Concello da Laracha (www.concellolaracha.com). Os autores dos traballos que resulten premiados recibirán os seus agasallos, consistentes en material didáctico e educativo adaptado por grupos de idade, nos seus propios centros de ensino antes das vacacións de Nadal.