Nova edición de talleres de Nadal para familias na Fundación Pública Galega Camilo José Cela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPadrón
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza unha nova edición dos talleres de Nadal da Fundación Pública Galega Camilo José Cela, actividade gratuíta destinada a familias con nenos de entre 4 e 12 anos.

No taller “Rima con ritmo” os máis pequenos poderán xogar a ser poetas e crear as súas propias panxoliñas e ademais poderán construír o seu propio instrumento de Nadal con materiais reciclados. Esta actividade terá lugar os días 26 de decembre e 2 de xaneiro ás 12:00 no Museo de Iria Flavia.

Esta actividade enmárcase dentro do programa educativo da Fundación para os máis pequenos e do programa de dinamización da sede de Iria Flavia co que se pretende converter á entidade padronesa nun foco cultural de referencia en Padrón e comarca.

Para poder participar os nenos deberán estar acompañados de un adulto e é necesario a inscrición previa no enderezo electrónico camilinhojosesinho@gmail.com ou nos teléfonos 981 81 24 25 ou 981 81 03 48.

Para máis información pode consultarse a web da Fundación ou o blog do programa educativo

23 de decembro de 2013 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.