Entrega de premios aos gañadores do Concurso de Debuxo e Pintura de Nadal en Malpica

O alcalde de Malpica co gañador do concurso
O Alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga fixo entrega de sendos agasallos ós gañadores do 1º e 2º premio do Concurso de Debuxo e Pintura de Nadal 2013.
O segundo premio que resultou ser obra de Clara Facal Suárez de 5º de primaria do CEIP Milladoiro entregouse ás 11.45 h. na Biblioteca do devandito centro. A gañádora foi obsequiada cun lote de libros e o seu debuxo se publicará nos saúdas de nadal que o Concello de Malpica publicará en diferentes medios.
O primeiro premio resultou ser obra de Manuel Suárez Varela de 4º de primaria do CEIP Joaquín Rodríguez Otero e foi entregado no Pavillón do centro de ensino. O Gañador foi obsequiado cun trofeo e un agasallo doados pola Asociación de Mulleres Redeiras Mar da Illa e cun lote de libros e a publicación da obra nos carteis e folletos do Nadal











