publicidade hoxe

A Laracha outorga 15 premios nos concursos de postais e conto de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Os membros do xurado designado pola Concellería de Cultura e Deportes –e formado por representantes da propia concellería, a biblioteca municipal, o CIM e os colexios da Laracha, Paiosaco e Caión- valoraron hoxe os máis de trescentos traballos presentados aos tradicionais concursos de postais e conto que organiza o Concello da Laracha no marco do programa de actividades para as festas do Nadal.

Foron convidados a participar alumnos dos colexios de educación infantil e primaria de Caión, Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e A Revoltiña de Soandres, así como a escola de educación infantil de Cumiáns (Montemaior).

Un ano máis, os escolares demostraron a súa imaxinación, facilidade para a escritura e habilidade e destreza para os traballos manuais. Ademais dos traballos individuais, tamén foron premiadas varias postais realizadas por toda a aula na categoría de educación infantil.

Os quince premios outorgados, que se entregarán aos gañadores nos propios centros escolares antes das vacacións de Nadal, consistirán en xogos e en material educativo acorde ás idades de cada un dos premiados.

Premiados no Concurso de Postais

Categoría A (educación infantil)

– Aula de 4º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.

– Escola de Educación Infantil de Comiáns (Montemaior).

– CEIP A Revoltiña de Soandres.

– 5º curso de educación infantil do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.

– 6º curso de educación infantil do CEIP de Caión.

– Clase de 5º A do CEIP Otero Pedrayo da Laracha.

Categoría B (primeiro ciclo de educación primaria)

– Marta Pardiñas Pérez (2º A do CEIP Otero Pedrayo).

– Pedro Méndez Ezcurra (2º A do CEIP Otero Pedrayo).

– Xenxo Ramos Rodríguez (1º B CEIP Otero Pedrayo).

Categoría C (segundo ciclo de educación primaria)

– Samara Salazar Teijeiro (3º de primaria do CEIP Alfredo Brañas).

– Carmen Mallo Domato (4º B do CEIP Otero Pedrayo).

– Marcos Mosquera Cupeiro (4º de primaria do CEIP de Caión).

Premiados no Concurso de Conto (dirixido a estudantes do 3º ciclo de primaria)

– Adriana Regueira Míguez (6º de primaria do CEIP Alfredo Brañas) por El trineo de la felicidad.

– Ana Martínez Lema (6º de primaria do CEIP de Caión) por Uns agasallos do Nadal.

– Brais Fraga Rodríguez (5º de primaria do CEIP Alfredo Brañas) por A maxia dos nenos.

16 de decembro de 2013 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.