A Deputación de Pontevedra homenaxea a trinta funcionarios xubilados nos anos 2012 e 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Funcionarios homenaxeados

Funcionarios homenaxeados

A Deputación de Pontevedra brindoulle hoxe unha homenaxe, con motivo da súa xubilación nos anos 2012 e 2013, a unha trintena de funcionarios.

No acto Louzán destacou que “nada fai máis grande a unha organización que os seus traballadores. Por iso, esta homenaxe que hoxe vos rendemos, aínda que sinxela, quere ser a mostra da gratitude, do recoñecemento e do cariño sincero que todos e cada un de vós me merecedes”.

O presidente da Deputación subliñou que “o voso traballo ó longo de todos estes anos permitiu que esta Deputación experimentase un importante proceso de modernización e puidese prestar servizos indispensables a todos e cada un dos concellos da provincia, de tal xeito que hoxe é unha referencia en Galicia e en España por numerosas iniciativas pioneiras coma os seus plans de emprego, a aposta polo turismo, o compromiso co deporte, os investimentos en infraestruturas, a captación de fondos europeos ou o desenvolvemento tecnolóxico e a atención cultural e social”.

Finalmente, tivo un especial recordo para os compañeiros falecidos, “os queridos Fernando Portela e Enrique Caramés, xubilados no 2012, e Alfonso Sánchez e Francisco Muñiz, deste ano 2013”.

Concluíu dándolles as grazas ós xubilados e a en hora boa “porque a vosa xubilación non supón o final de nada senón a recompensa a unha vida de traballo e dedicación”.

20 de decembro de 2013 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.