Comezan as obras de instalación da rede de saneamento en Coirón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha comezou a executar as obras coas que se completará a rede de saneamento en Coirón. Unha vez rematadas estas actuacións, darase cobertura integral deste servizo á totalidade das vivendas situadas neste núcleo de poboación da parroquia de Coiro, que conta actualmente con medio centenar de veciños segundo os datos do padrón municipal de habitantes.

Durante os próximos días serán colocados 335 metros lineais de tubaxes, que se conectarán coa rede de sumidoiros principal do municipio. Os operarios comezaron a acometer os primeiros traballos xunto ao centro sociocultural do Rapadoiro, moi próximo ao núcleo de Coirón.

Nas próximas semanas o Concello da Laracha tamén dotará coa rede de saneamento aos lugares de O Retorno (parroquia de Lendo) e O Igrexario da parroquia de Soutullo. Entre as tres actuacións serán investidos preto de 43.000 euros

5 de novembro de 2013 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.