Aurora García Rivas presenta o seu libro “La madriguera” en Mondoñedo
A escritora asturiana, Aurora García Rivas presentará o vindeiro xoves, 21 de novembro en Mondoñedo a súa última novela “La madriguera”. Nela , a súa protagonista, Teresa, unha pintora de prestixio internacional decide instalarse en Corullón, onde vive en primeira persoa as penalidades dun país inmerso na Guerra Civil.
O acto terá lugar na Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero ás 20.00 horas.
Unha hora e media antes, a autora estará asinando ejemplares na librería Alvite.











