A Laracha amplía a rede de saneamento no Retorno
O Concello da Laracha iniciou as obras para ampliar a rede de saneamento e depuración de auga no lugar de O Retorno, situado na parroquia de Lendo. José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, a Jesús Souto, edil de urbanismo e obras pública, reuníronse cos operarios no lugar das obras para coñecer persoalmente o desenvolvemento dos traballos que se están a acometer.
Esta actuación forma parte do mesmo proxecto a través do que foi recentemente ampliado este servizo en Coirón (parroquia de Coiro). Tamén inclúe a creación de rede no Igrexario da parroquia de Soutullo.
Entre as tres actuacións serán investidos preto de 43.000 euros.











