Xacob Agra gaña a sexta proba na categoría máxima do Campionato Galego de Enduro en Mondoñedo

Un instante da proba
Perfecto fin de semana de motociclismo, organizado polo M.C. Enduro Mondoñedo. O sábado 5 de outubro, a partir das catro da tarde, os participantes da penúltima proba do campionato Galego de Enduro, ían chegando a Mondoñedo, logo de recoñecer a Especial Cronometrada cumprían cos trámites das verificaciones administrativas e técnicas.
A partir das 9:00h do domingo 6 de outubro, tomaban a saída os participantes da proba, cun pequeno tramo de enlace desde a Catedral, onde estaba situado o parque pechado, ata a Especial Cronometrada. Cunha magnífica mañá para a práctica do motociclismo, os pilotos Senior eran os primeiros en competir contra o reloxo, a continuación faríano o resto das categorías; Open, Veteranos, Master, Afeccionados e a única participante: a local Natalia Alonso Ares, que completaba as tres voltas ao percorrido de 40 km polo monte e as catro pasadas pola “crono”.
Ao final da mañá, en Afeccionados subían ao pódium en 3º lugar Javier Estévez do Moto Club A Factoría, segundo era o tamén local Hugo Rodríguez, e o vencedor da categoría Benito Varela.
En Categoría Master, terceiro foi Alfonso Ribao, 2º Camilo Fernández e no máis alto do caixón, Gustavo Menéndez, de MC Enduouro. En Veteranos, era Juan Puga o que se subía todo o máis alto do caixón, con Isidoro Martínez e Francisco Suárez en 2º e 3º lugar respectivamente. Entre os Open, logo dunha moi dura loita durante toda a mañá, terceiro era Giovanni Pérez, segundo Juan C. Moreiras e o vencedor da categoría Juan J. García Ferreiro, tamén do MC Enduouro de Alfoz. Na categoría máxima, Carlos Castro non puido con Xacob Agra que vencía de xeito incontestable. A próxima cita do Campionato Galego de Enduro, o Próximo 20 deste mes de outubro en Porriño, coincidindo co Campionato de España da Especialidade.











