Ordes acolle a segunda xuntanza de productores de grelos
A aula de formación ubicada nos baixos da Alameda do Concello de Ordes servirá este venres de punto de encontro para os productores de grelos da comarca. Unha segunda xuntanza organizada pola Oficina de Fomento Cooperativo da Comarca de Ordes co fin de continuar o proceso de constitución dunha cooperativa comarcal, a cal se adicará ao cultivo, comercialización, promoción e venda deste producto de referencia na zona.
A cita dará comenzo a partir das 11 horas e está previsto que se desenvolva ata as 14 horas. Ademais de representantes institucionais e da administración pública tamén se contará co testimonio e colaboración de persoal de AGACA e da Oficina de Fomento Cooperativo, quenes resolverán dúbidas e ofrecerán consellos a todos os que asistan.
Dende a Oficina de Fomento Cooperativo, pertencente á rede EUSUMO, aseguran que a constitución desta nova cooperativa acarreará aspectos positivos tanto na distribución do producto, como na producción, na trazabilidade ou mesmamente na súa venda. Un proxecto que conta co apoio unánime de todos os concellos da comarca, tal e como se plasmou no pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes no pasado mes de setembro.











