Ordes abre o prazo de inscrición para a excursión dos maiores por Andalucía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O Concello de Ordes mantén aberto o prazo para participar na excursión organizada para os maiores do municipio, e que nesta ocasión transcorrerá por terras andaluzas. Concretamente visitaranse as provincias de Córdoba, Sevilla e Granada dende o 22 ata o 27 de outubro. Os interesados deberán formalizar a súa inscrición ata o 14 de outubro no Departamento de Servizos Sociais. As taxas inclúen a estancia en hotel baixo réxime de pensión completa, servizo de autobús, seguro de viaxe e visitas guiadas nas cidades máis destacadas. Para levar a cabo esta viaxe precisaranse un mínimo de 35 persoas inscritas.

4 de outubro de 2013 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.