O Concello da Laracha e a dirección do centro analiza as incidencias provocadas polo temporal no Ceip Otero Pedrayo
José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, Jesús Souto, edil responsable da área de urbanismo e obras públicas, e Patricia Bello, concelleira de ensino, mantiveron hoxe unha reunión no CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha coa directora e o xefe de estudios do centro educativo e con responsables da unidade técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
O motivo do encontro foi analizar as incidencias que se produciron no colexio durante os últimos días provocadas polo temporal de choiva e vento que pasou por Galicia, con especial intensidade na zona norte da provincia da Coruña.
Dita problemática estivo relacionada co xurdimento de filtracións de auga en determinados puntos do centro educativo, especialmente na zona do patio cuberto. Entre as tres partes presentes, Concello, técnicos da Xunta de Galicia e equipo directivo do colexio, buscáronse solucións para tratar de evitar que as incidencias se reproduzan no caso de presentarse situacións climatolóxicas adversas.
Durante os próximos días os operarios realizarán as labores oportunas sen afectar ao desenvolvemento da normal actividade no colexio.











