Cambre acolle dúas obras de teatro incluídas na programación “Cultura no Camiño”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

Nesta fin de semana en Cambre, terán lugar dous espectáculos teatrais incluídos na programación especial “Cultura no Camiño” que promove a Axencia Galega das Industrias culturais da Xunta de Galicia (AGADIC) en colaboración cos concellos galegos polos que discurren os distintos Camiños de Santiago, con motivo de celebrar o 8º  centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a  Galicia. As representacións levaranse a cabo, no local de cine e teatro de La Juventud de Cecebre. 

A entrada é de balde, as persoas interesadas en asistiren poderán recoller as invitacións que están dispoñibles nas instalacións municipais que se sinalan a continuación, nos seus respectivos horarios: Bibliotecas municipais de Cambre, Temple e A Barcala, Casa do Concello, Casa da Cultura “Villa Concepción”, Museo e Xacemento romano, Oficina municipal de Información xuvenil, Departamento de Cultura.

Venres 25, de outubro ás 19:30 h

Público familiar

Compañía “A nena e o grilo”

Obra “A nena e o grilo nun barquiño”

SINOPSE “A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO”

As aventuras  da nena e o grilo, interpretados pola actriz Montse Piñón e polo actor Pepablo Patinho, integrantes da compañía Teatro Ghazafelhos, inciden directamente en temáticas como a solidaridade, o respeto hacia a natureza, a identidade, o desenvolvemento do universo afectivo e a curiosidade por todo o que os rodea. Para isto, ambos personaxes irán vivindo singulares aventuras nas que se achegarán ao mundo dende a perspectiva mesma dos nenos, sinxela e xenerosa, dramatizando e interactivando cos músicos e co público.

Domingo 27, de outubro ás 20:30 h

Público xuvenil (máis de 14 anos) e adultos en xeral

Compañía: Sarabela Teatro

Obra “Viaxe a ningunha parte” de Fernando Fernán Gómez.

SINOPSE “VIAXE A NINGUNHA PARTE”

“A viaxe a ningunha parte” é unha magnífica obra narrativa contada maxistralmente por Fernando Fernán Gómez e que SARABELA TEATRO adapta ao teatro con auténtica paixón. É a historia duns “cómicos da legua” que vivían na España de hai unhas décadas e que percorrían camiños poeirentos ateigados de pobreza, co obxectivo de levar un sorriso, un respiro ás penurias dunha poboación gris, marcada pola miseria e a fame.

Trátase de personaxes moi humanos, ante-heroes, cos seus medos moi ben definidos, pero cunha vitalidade extraordinaria, pobres xentes que cren que por riba de todo hai que vivir a vida que a cada quen lle tocou coa maior dignidade como “principal forza que move a terra” e a maior alegría posible, alegría que se filtra nas escenas cun humor excelente.

25 de outubro de 2013 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.