A 1ª mostra do Eixo Atlántico en Lugo promociona as Reservas da Biosfera e 500 establecementos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Deputación amosa os recursos naturais da provincia, dando conta das súas posibilidades económicas, no expositor que levou á primeira mostra do Eixo Atlántico en Lugo. O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos, participou este xoves na inauguración de Expocidades e visitou o stand do organismo provincial, no que se promocionan as Reservas da Biosfera e 500 establecementos lucenses.

No expositor, a institución conta con material informativo e gráfico sobre Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, así como de losprodutosdelugo.com. É a primeira plataforma de comercio electrónico da provincia á que, polo de agora, se sumaron gratis 500 produtos autóctonos e establecementos (artesanía, deseño, moda, hostalería, aventura, lecer…) que xa venden e promocionan os seus servizos en Internet a través deste espazo.

Expocidades estará en Lugo, concretamente na Praza do Seminario Menor da capital, dende hoxe e ata o 6 de outubro, aproveitando a visita de miles de persoas á cidade con motivo do San Froilán. O expositor da Deputación poderase visitar dende as 12:00 horas da mañá e ata as 21:00 horas da tarde. A entrada é libre e gratuíta.

3 de outubro de 2013 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.