Unha andaina solidaria en apoio a Carlitos percorrerá a Ribeira do Louro
O Centro Cultural do Coto de San Estevo de Budiño vai a realizar o próximo domingo 6 de outubro unha andaina solidaria de Axuda a Carlitos que terá comezo no Centro Cultural ás 9:00 percorrendo as Ribeiras do Louro e a Senda dos Humidais. Os participantes percorrerán un total de 15 km sendo a dificultade da andaina: fácil.
Para poder inscribirse á andaina basta con facilitar os datos nos seguintes números de teléfono: 633109005 ou 65940273. Os participantes deberán aportar un donativo de 8 € para maiores de 18 anos e 5 € para os que teñan un rango de idade inferior, que será donado a Carlitos. A finalización da andaina terá lugar no Centro Cultural con pinchos para todos e todas as participantes.
Dende o Cento Cultural do Coto queremos animar a todas as persoas a que participen nesta actividade solidaria na que se vai a percorrer, parte da nosa xeografía por zonas de vexetación ripícola, desta maneira, non só o deporte e a natureza serán a finalidade da nosa andaina, senón que a fin é poder dotar dunha axuda económica a aquelas persoas que necesitan da nosa axuda, volcándonos coas causas sociais.


 Enviar a un amigo
 Enviar a un amigo Opinar
 Opinar Imprimir
 Imprimir









