Salceda de Caselas acolle unhas xornadas da “Multifuncionalidade do monte”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+

A Concellería de Medio Ambiente, dirixida por Cándido Lorenzo, ten previsto realizar os vindeiros Venres 27 e Sábado 28 de Setembro, as Xornadas da  “Multifuncionalidade do Monte”. O acto terá lugar no Auditorio Municipal en horario  de 20:00h a 23:00h da noite do Venres, e de 10:00h a 14:10h o Sábado.

Acudirán á cita varios poñentes relacionados con diferentes actividades no ámbito forestal. Entre os que destacamos diferentes prootores dende as comunidades de montes, empresarios emprendedores, cooperativas, Universidade de Vigo e asociacións forestais.

As xornadas van encamiñadas en mostrar o abanico de posibilidades que se atopan no ámbito rural, máis concretamente no tocante ao ámbito forestal, o cal ven sendo vítima dun contínuo e crecente abandono dos montes e súas actividades tradicionais dende hai décadas. O obxectivo é dar unha mensaxe positiva e optimista mediante a experiencia da actividade levada a cabo polos diferentes palestrantes, e mostrar que o monte galego é un medio onde se pode apostar polo emprendemento e a inserción laboral.

A finalidade das xornadas e a concienciación sobre a protección dos montes que, debido á falta de tratamentos silvícolas e coidados do monte, supoñen un incremento do risco ante o crecente número de incendios forestais que están a asolar Galicia no período estival ano tras ano.

Cándido Lorenzo, concelleiro de Medio Rural asegura que o Concello de Salceda de Caselas aposta forte por un desenvolvemento rural dentro das súas parroquias, que permita obter un rendemento das nosas materias primas dende un punto de vista productivo en consonancia co medio natural. Apostar pola Multifuncionalidade do monte, é apostar por futuro, emprego e sostibilidade.

23 de setembro de 2013 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.