Roteiro dos cruceiros de Salceda de Caselas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalSalceda de Caselas
A-
A+
Momento de descanso dunha ruta por Salceda de Caselas

Momento de descanso dunha ruta por Salceda de Caselas

O venres 13 de Setembro ás 19:00 o concello de Salceda vai a realizar o “Roteiro dos Cruceiros”, que terá como punto de partida o Cruceiro da Fonte da Pedra para finalizar na área de Xabarís, situada nas proximidades do cruceiro.

O evento ten como obxecto realizar a inauguración dos Cruceiros Rehabilitados e Acondicionados polo concello de Salceda de Caselas a través dos fondos percibidos polos Proxectos dinamizadores AGADER, como son o de “Fonte da Pedra” no barrio de A Feira punto de inicio do roteiro e o cruceiro de Maceira, situado na parroquia de Parderrubias.

Dende “Fonte da Pedra” dará comezo o Roteiro dos Cruceiros que vai a continuar ata o cruceiro situado na Praza do Concello, continuando polo o Peto das Ánimas e Cruz Alta de Santo Tomé de Parderrubias, o cruceiro de Maceira , Petos das Ánimas de San Xurxo, Peto das Almiñas de San Xurxo, Peto das Almiñas de Santa Bárbara.

Para participar no roteiro é necesario ir equipado con chaleco reflectante e cunha linterna, sendo o punto de remate na Carballeira de Xabarís onde se vai a realizar unha queimada teatralizada.

O Roteiro, contará cun guía que será o encargado de contextualizar históricamente e arquitectónicamente os cruceiros, e parte da historia que acompaña o transcurso do noso pasado.

Loli Castiñeira, concelleira de Turismo, quere resaltar a importancia que teñen dentro da xeografía galega estas obras arquitectónicas, propias da nosa cultura e historia. É moi importante que todas as persoas poidan coñecer parte das nosas raíces e da nosa historia, e dende o Concello de Salceda, estamos a realizar diversos actos que permitan ese recoñecemento e recuperación do noso pasado.

11 de setembro de 2013 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.