O pleno de Salceda aproba por unanimidade 3 proxectos para o Plan de Obras e Servizos da Deputación
A Coorporación de Salceda aprobou por unanimidade en Pleno as obras que se van a acometer no noso concello a través dos Plans da Diputación (POS) dentro das subvencións para financiar a realización de investimentos e gastos correntes das entidades locais da provincia. Estos proxectos os licita e executa a Deputación a través dos Fondos do Estado asignados aos Concellos.
O orzamento total para este Plan (POS 2013) que lle corresponde a Salceda ascende á cantidade de 154.835,85€, que será repartido en tres proxectos clave e relevantes para Salceda.
O Proxecto de “Construcción dun Carril Bici Esfarrapada-As Pontes”, vaise a acometer na marxe da estrada EP-2501, que pertence á rede de estradas da Deputación de Pontevedra. A finalidade deste carril-bici é a conexión do centro da vila (Casa da Música) co inicio da Senda do Río Caselas, que desta maineira pretende fomentar o uso de transporte ecolóxicoa través da unión do centro da vila coa Senda do Río Caselas, senda moi transitada polos veciños de Salceda e visitantes do Municipio.
No proxecto contémplase a pavimentación dos 780 m, sinalización e realización dun bordillo con rigola de formigón que permitirá a separación entre o carril para uso de bicicletas e a estrada pola que disurren turismos. O proxecto ascende a unha contía total de 46.816,88€
O segundo proxecto a executar é o:”Proxecto de Regulación do tráfico da intersección da Rúa Vigo coa Avenida da Coruña no Concello de Salceda de Caselas”, dentro do programa de reordenación do tráfico de Salceda de Caselas inclúese o proxecto de mellora da intersección deste punto, este punto é un cruce perigoso dada a alta intensidade de tráfico que transita en dada intersección, polo que a mellora que se vai a producir no espazo a través da incorporación dunha glorieta xunto cunha nova distribución e ampliación das beirarrúas. O orzamento da obra ascende a 70.693,34€
O terceiro proxecto é o de “acondicionamento do Campo de Fútbol de A Gándara” a execución deste proxecto é necesaria dende o punto de vista práctico instalando o Rego automático para o aforro de auga, e manter as instalacións de forma axeitada nas zonas das gradas e porta de acceso. O orzamento do proxecto ascende a unha contía de 25.825,11 €.
Marina Cabaleiro como Concelleira da área, considera que obras coma ésta que aforran custo económico e de mantemento son moi importantes de cara a que os servizos públicos sean sostibles, un reto que ten en conta no día a día do seu traballo.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda de Caselas, incide en que a execución destos proxectos son de elevada importancia para o noso concello, que principalmente procuran atender a unha demanda dos veciños e veciñas de Salceda, e cumplir os compromisos adquiridos. “Mellorar as condicións de Seguridade e facilitar a mobilidade no noso Concello é unha prioridade para o Goberno Municipal, permitindo a mellora de accesos e infraestruturas que facilitan e melloran a calidade de vida de todos”.











