O goberno provincial determina unha inversión de 500.000 para mellorar 10 estradas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraProvincias
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación adxudicou 500.000 euros dentro do plan de investimentos para a posta a punto das súas estradas, valorado en 2 millóns de euros. As obras están destinadas a mellorar a capa de rodaxe e a sinalización en 10 estradas da zona sur da provincia. Realizaranse distintas aplicacións, todas elas para reforzar a seguridade viaria e a capacidade de freado e control dos vehículos.

As estradas onde se traballará son:

N-550, lago de Castiñeiras, tramos p. q. 0+000 a p. q. 5+500

Ramal da igrexa de Figueirido, tramos p. q. 0+000 a p. q. 0+670

San Benito, Domaio, tramos p. q. 0+000 a p. q. 2+500

Acceso á praia de Aguete, tramos p. q. 0+000 a p. q. 0+364

Praia Lapamán, tramos p. q. 0+000 a p. q. 0+195

Praia Lagos, tramos p. q. 0+000 a p. q. 0+900

Praia Beluso, tramos p. q. 0+000 a p. q. 0+500

Sabarís, Belesar, tramos p. q. 0+650 a p. q. 1+400

Tabagón, Rosal, Portocelo, tramos p. q. 0+000 a p. q. 1+180

Lougares, Piñeiro, tramos p. q. 4+820 a p. q. 8+980

A importante densidade de tráfico que soportan as estradas da provincia durante todo o ano provoca que o pavimento na zona de circulación se deteriore polo continuo paso de vehículos, de aí o compromiso da Deputación por resolver os problemas que isto ocasiona e reducir o nivel de sinistralidade na comarca.

Estes traballos, sen dúbida,  redundarán nunha maior calidade de vida dos condutores que a diario circulan por estas estradas e mellorarán a seguridade viaria, sobre todo naqueles tramos onde existe un maior perigo.

Zona norte

Con esta acción complétase a mellora das estradas da provincia, como fai a Deputación nas estradas da zona norte.

Por comarcas:

Pontevedra: en Cotobade, na EP-0410 Igrexa-Loureiro, EP-0408 Paraños-Trabazo e EP-0409 Carballedo-Trabazo; en Pontevedra, na EP-0004 Marcón-Pintos A Reigosa; e nos concellos de Caldas-Moraña, na EP-8201 Moraña-Santa Xusta.

Arousa: na EP-9001 Castrelo-Couto de Abaixo e EP-9005 Corbillón-Tremoedo, en Cambados;  EP-9106 Praia do Carreiro do Grove; EP-9210, acceso a Roxique, Sanxenxo; EP-9301 Dena- Couto de Abaixo, Meaño; EP-9403 Santo Tomé-San Salvador, Meis; e na EP-9703 Vilanova-Pontearnelas, en Vilanova de Arousa.

Deza: na EP-6003 Soutologo-Doade de Lalín e na EP-6203 Negrelos-Pedroso, en Rodeiro.

27 de setembro de 2013 | 15:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.