Festas dos Remedios de Mondoñedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalLocal PortadaMondoñedo
A-
A+

A comisión de festas está formada por Marisol Piñeiro, Beatriz Loureiro, Gil Ares, Raquel Araujo, Maria José Oriola, José Manuel, Arias, Natividad Arias e Beatriz Paz.

Membros da Comisión das Festas dos Remedios de Mondoñedo

Membros da Comisión das Festas dos Remedios de Mondoñedo

Programación das Festas dos Remedios de Mondoñedo

SÁBADO, 14

Ás 11.30 horas; Saída do “IV Rali de Clásicos Cidade de Mondoñedo”, da Praza da Catedral.
Ás 13.00 horas; disparo de potentes bombas anunciando o comezo das festas.
Ás 14.00 horas; Sesión Vermú coa Orquestra NOVA IMPERIAL.
Ás 17.00 horas. No Campo Viñas da Veiga partido de fútbol de 2ª Autonómica entre os equipos Mondoñedo F. C e o Clube Deportivo Foz.
Ás 17.30 horas; Jinkana de Clásicos e Animación infantil a cargo de “Puzzle Animación” na Praza da Catedral. (Organiza a Asociación Mira e Anda de Mondoñedo).
Ás 19.00 horas; Comezo do “III Xuntanza de Cantos de Taberna Mondoñedo 2013”. A Saída terá lugar dende a Praza do Concello. Este concurso está organizado pola ACIAM.
Ás 22.30 horas; Festa – Verbena na Alameda dos Remedios coa actuación das Orquestras NOVA IMPERIAL e SAMBA.

DOMINGO, 15

Ás 10.00 horas; Lanzamento de potentes bombas que anuncian o sengudo día de festas.
Ás 11.30 horas; Saída da Comitiva da Casa do Concello cara ao santuario de Nosa Señora dos Remedios, acompañada da Banda de Música de Ortigueira, para asisitir á MISA DE OFRENDA que presentará o Ilmo. Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Ortigueira.
A Misa será cantada pola Coral Polifónica de Ortigueira.
Seguidamente terá lugar a PROCESIÓN polo itinerario de costume, acompañada pola Banda de Música de Ortigueira.
Ás 14.00 horas; Sesión Vermú coa Orquestra JERUSALÉN.
Ás 14.15. horas; Concerto da Banda de Música de Ortigueira na Praza do Concello (en caso de choiva terá lugar no Auditorio Municipal Pascual Veiga).

I Carreira Popular Os Remedios. Percorrido polas principias rúas da cidade. Saída dende a Praza da Catedral.

A patir das 16.30 horas; Categoría de nenos/as.
A partir das 18.00 horas; Categorías absolutas.
Os dorsais recolleranse media hora antes na Praza da Catedral.
A inscrición é gratuita.
Ao finalizar a última carreira os trofeos entregaranse na Praza do Concello.
Máis información e inscrición http://carreiraosremedios.blogspot.com.es ou ben no número de teléfono 605790091.
Ás 22.00 horas; Gran Festa – Verbena na Alameda a cargo das Orquestras: JERUSALÉN e TEKILA

LUNS, 16

Ás 12.30 horas; MISA DE COFRADES no Santuario de Nosa Señora dos Remedios.
Ás 13.30 horas; Sesión Vermú coa Orquestra NUEVA GENERACIÓN.
A partir das 17.00 horas; Día no Neno nas barracas na Alameda. Os rapaces e rapazas poderán disfrutar dunha xornada na que haberá unha reducción da entrada das atraccións da Alameda.
Ás 20.00 horas; O Grupo de Teatro Espello Cóncavo representa no Auditorio Municipal Pascual Veiga a obra “Anxeliños” de Roberto Vidal Bolaño.
Ás 22.30 horas; Festa – Verbena a cargo da Orquestra NUEVA GENERACIÓN.

11 de setembro de 2013 | 22:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.