Fase final da Copa Galicia na Cañiza e O Rosal
Xa se coñecen os semifinalistas da Copa Galicia. Frigoríficos do Morrazo, Academia Octavio, Atlético Novás e Teucro lograron a clasificación para as semifinais da Copa Galicia 2013, que se celebrarán o día 7 de setembro en A Cañiza, mentres que a final disputarase ao día seguinte no Concello do Rosal. A Federación Galega de Balonmán decidiu que as semifinais e a final da Copa Galicia 2013 se celebren na Cañiza e O Rosal. A Federación apostou polo Rosal para a disputa da final co obxectivo de homenaxear aos veciños, voluntarios e os servizos de extinción de incendios, que traballaron de forma intensa na loita contra o lume hai uns días, na defensa das vivendas e dos montes nesta comarca. As semifinais terán lugar o 7 de setembro no pavillón da Cañiza a partires das 18:00 horas (Atl.Novás-Frigoríficos do Morrazo) e 20:00 horas (Teucro-Octavio). O día 8 de setembro será o momento da disputa da final no pavillón do Rosal. En primeiro lugar celebrarase a loita polo terceiro e cuarto posto (11:00 horas), mentres que a final será ás 12:45 horas.
O Frigoríficos do Morrazo defenderá o título acadado o pasado ano na Coruña, nunha rifada final contra o Academia Octavio (29-27). Foron tres finais consecutivas cos mesmos protagonistas, aínda que nos dous anos anteriores conseguirá o triunfo o conxunto vigués. Resultados dos cuartos de final: CALVO XIRIA-FRIGORIFICOS MORRAZO CANGAS 20-32 EMB.LALINENSE BM.LALIN- ACADEMIA OCTAVIO 23-28 ATL. NOVÁS- SD.CHAPELA CONSTRCCIONES SOLLA 28-22 MAGOPE SEIS DO NADAL-SD. TEUCRO 24-29











