A praza de abastos de Salceda de Caselas será sometida a unha completa modernización

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+

O Concello de Salceda de Caselas vai a mellorar a accesibilidade e os equipamentos da súa praza de abastos, coa finalidade de proporcionar un mellor servizo aos veciños e veciñas de Salceda de Caselas. A través da subvención aprobada pola Consellaría de Economía e Industria para revitalizar o comercio de proximidade e potenciar a rede galega de mercados de abastos, que con data de rexistro do 6 de setembro foi recibida no Concello de Salceda a resolución da súa concesión.

O investimento total do Proxecto que leva por nome: “Reforma da Praza de Abastos de Salceda de Caselas. Fase I: Mellora da Accesibilidade da Praza de Abastos e Equipamentos”, ascende a 162.282,58€, financiada nun 70% a través da Consellaría cun importe de 113.435,52€, correspondéndolle ao Concello de Salceda de Caselas o 25% restante.

O proxecto inclúe unha serie de actuacións que atenden principalmente á mellora de accesibilidade e de equipamentos da propia praza, permitindo modernizala e presentar un aspecto de maior atracción da instalación. Entre as obras a executar podemos destacar as obras que se van a acometer no exterior do edificio: o picado de beirarrúas, a demolición das escadas existentes, colocación de baldosa e bordillo de pedra na zona, eliminando barreiras arquitectónicas para facilitar a mobilidad a todos e todas as veciñas de Salceda, instalación de bancos e xardineiras e toldos autoportantes. No interior do edificio vanse a acometer obras de fontanería e electricidade
nos postos centrais, que actualmente están desfasados, e resultan perigosos.

Coas actuacións prantexadas prócurase que a praza de abastos entre dentro da rede galega de mercados excelentes, dotándoa dunha serie de infraestructuras e servizos que melloren notablemente as súas condicións actuais e dinamizar a rede comercial dos productos que se orfertan.

Loli Castiñeira, Concelleira de comercio incide en suliñar a importancia desta obra para o Concello de Salceda, que non só mellora notablemente as condicións actuais de Seguridade e Hixiene da praza de Abastos, senón que ademáis procura darlle un aspecto moito máis atractivo a praza co obxeto de incrementer a demanda do mercados. “Non só nos vamos a ceñir a modificar as  infraestructuras e equipamentos da praza, senón que a partir destas melloras poderemos realizar unha campaña de maior repercusión que dinamice o mercado tradicional”.

Marcos Besada, Alcalde de Salceda, incide en que “estamos transformando Salceda nunha vila chea de recursos, permitindo dotar aos nosos veciños e veciñas de todos os servizos existentes nunha gran vila”. “Con esta reforma se van a mellorar as infraestructuras de accesibilidade á praza de abastos, así como aumentar o atractivo e un maior servizo para os que diariamente están a realizar o seu traballo nela”.

10 de setembro de 2013 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.