Últimos días antes da presentación da guía turística de Fene, Cabanas e Pontedeume
Xa só quedan tres días para a presentación da guía turística de Fene,Cabanas e Pontedeume que é unha iniciativa novidosa na bisbarra con guía e datos de interese da zona e na súa parte de Fene contará co programa que achego.
Os sitios que percorrerá a presentación son un luxo:
-O Museo de Humor que é único en España
– O Miradoiro de Couto do Rei permite divisar as mellores vistas da todos os municipios da zona
-En Limodre poderase ver PAPA TOUPA un dos grupos máis divertidos e orixinais do momento que ten mrerecido recentemente a mención o prestixioso xornal inglés The Guardian http://www.theguardian.com/music/musicblog/2013/jul/19/friki-spanish-indie
-En Limodre tamén se poderá ver a praia de Almieiras que é das máis belas da zona. Nas paradas de Limodre degustaranse uns pinchos.
Antes do venres as persoas que o desexen anotaranse na oficina turismo ou na oficina de promoción económica presencialmente ou nos teléfonos: 981-49.27.67/34.40.82











