publicidade hoxe

Obradoiro de Emprego con Concello de Cotobade a través do consorcio Conca do Lérez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo LameiroCerdedoCotobadeLocalLocal Portada
A-
A+

O Concello de Cotobade a través do Consorcio “Conca do Lérez” e conxuntamente cos concellos de Campo Lameiro e Cerdedo van a por en marcha o Obradoiro de Emprego “Conca do Lérez” tendo Cotobade o módulo “Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio (SSCS0108) cunha duración de 6 no cal se formarán nesta especialidade 8 alumnos/as.

Este módulo, da familia Servicios Socioculturais e á Comunidade, é de nivel de cualificación 2 de tal xeito que as persoas que desexen participar neste módulo como alumno/a deberá cumprir os requisitos xerais:

1.- ter dezaoito ou máis anos de idade.

2.- estar desempregadas, entendéndose nesta situación as persoas demandantes de emprego rexistradas no Servizo Público de Emprego de Galicia, que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego.

3.- cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a forma­ción e aprendizaxe, co obxecto de ter vinculación mediante un contrato de tales caracte­rísticas ao obradoiro de emprego, desde a súa incorporación ao proxecto.

4.- Ademáis os requisitos mínimos de estudios para acceder a un nivel de cualificación 2 son:

  • Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (LOE)
  • Graduado en Educación Secundaria (LOXSE)
  • 2º BUP con máximo de dous materias pendentes entre os dous cursos
  • 2º Curso do primeiro ciclo experimental de Reforma das Ensinanzas Medias (REM)
  • Técnico (Ciclo formativo grado medio)
  • Técnico auxiliar (FP1)
  • Técnico deportivo
  • Técnico de artes plásticas e deseño
  • Oficialía industrial
  • Técnico militar
  • 3 cursos comúns do Plan do 63 (Artes aplicadas e Oficios artísticos)
  • 2 cursos comúns do plan experimental do ano 1984 (Artes aplicadas e Oficios artísticos)

5.- acreditar os seus coñecementos da lingua galega dacordo ós seguintes criterios:

– Certificacdo de lingua galega CELGA 2, ou algunha das seguintes titulacións ou acreditacións:

–  Título de graduado escolar, sempre que estudase toda a EXB, ou primaria en Galicia, e se cursase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos de ditos estudos.

–  Certificado do curso de nivel medio de lingua e cultura galegas para estranxeiros, impartido polas universidades de Galicia, ata a entrada en vigor da Orden do 16/06/2007 (CELGA)

– Certificado do nivel medio dos estudos de galego da Uned, ata a entrada en vigor da Orden do 16/06/2007 (CELGA)

– Certificado de ter cursados e aprobadas as materias de CC. Sociais e as materias optativas de galego da ESO, nos centros do Bierzo e Sanabria (Acollidos ao programa do galego nos territorios limítrofes de castela e León)

– Proba de acceso superada aos ciclos de grao medio, sempre que se realizase en Galicia e se incluise a materia de galego.

A selección do alumnado irá precedida da tramitación de oferta de emprego ou acti­vidade pola correspondente oficina de emprego  que estén inscritas como demandantes de emprego na oficina do INEM e cumpran os requisitos mínimos anteriormente citados. Terán preferencia para participar nestes proxectos as persoas que, reunindo os re­quisitos xerais antes establecidos e, se é o caso, tendo previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como: as persoas mozas menores de trinta anos, as mulleres en xeral, as mulleres vítimas de violencia, o persoal traballador que esgotou as prestacións e subsidios por desemprego, as persoas paradas de longa duración, as persoas maiores de cuarenta e cinco anos, as persoas que carecen de títulos universitarios e de F.P. de grao superior, as persoas con discapacidade sempre que poidan realizar os traballos e as persoas pertencentes a outros colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente, as persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.

14 de agosto de 2013 | 20:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.