O acondicionamento do firme de preto de 700 quilómetros de estradas na Mariña foi realizado pola deputación lucense
A Deputación ven de acondicionar o firme das estradas da zona norte da provincia. O plan de rebacheo para este ano 2013 comprendía melloras nas estradas de titularidade da Deputación por valor de máis de 500.000 euros só na Mariña. Entre os 14 concellos que se agrupan nesta zona suman 666 quilómetros que todos os anos son supervisados polos técnicos da Deputación.
O plan de Rebacheo comprendeu melloras no firme das estradas dos concellos de O Vicedo, Xove, Viveiro, Ourol, O Valadouro, Cervo, Burela, Foz, Lourenzá, Barreiros, Ribadeo, Trabada, A Pontenova e Allfoz.
Dende a Deputación insisten nas dificultades de mantemento da rede viaria provincial, a máis extensa de España con 4.200 quilómetros de estradas. Para a realización destas actuacións os técnicos teñen en conta tamén as condicións climatolóxicas de cada zona e recordan que a institución provincial realizou outras melloras no firme destas estradas colocando sinalización ou acondicionando con aglomerado en quente máis de 1.000 quilómetros.
Pola súa banda, o plan de desbroce comezou precisamente pola zona da mariña, limpando as beiras das estradas que dan ás praias de Viveiro, Xove e O Vicedo. Na actualidade, tras rematar as tarefas de roza nos concellos de Foz e Ribadeo, os operarios están a traballar en Xove, Ourol, Cervo, trabada e A Pontenova. Estes datos significan a metade dos quilómetros que está previsto limpar na Mariña. Traballos nos que se invisten 80.000 euros.











