Convocatoria aos colectivos veciñais e culturais a participar na limpeza do percorrido da Volta Ciclista a España
O Concello de Vedra prepara unha saída de LUVAS VERDES para o luns 26 de agosto, o día anterior ao paso da Volta Ciclista a España polo concello, a partir das 16.30 horas.
Trátase de preparar e limpar os 10 km de percorrido dos ciclistas na Volta Ciclista a España. Nesta saída estan convocados as asociacións veciñais e culturais das parroquias e lugares polos que dicorre a volta, ademais dun grupo de 10 voluntarios ambientais da Xunta de Galicia.











