Ordes acolle un novo curso de manipulador de alimentos
O Concello de Ordes acaba de acoller esta mesma tarde un novo curso de manipulador de alimentos, no que participaron algo máis de 15 alumnos e alumnas. O lugar de celebración foi a Casa da Cultura de Ordes, onde tras as clases teóricas tivo lugar unha proba tipo test para medir o nivel de coñecementos adquiridos durante a xornada. O título de manipulador de alimentos é requirido a aquelas persoas que traballan no ámbito da hostalaría, industrias relacionadas coa alimentación ou en comedores e establecementos de diversa índole.











