O Concello fretou un autobús para asistir ao encontro Portonovo-Laracha C.F.
O Concello da Laracha fretou un autobús de 55 prazas de capacidade que se ofrece dun xeito gratuíto aos aficionados do Laracha C.F. que desexen asistir ao partido polo ascenso á terceira división que os enfrontará ao Portonovo no campo de fútbol de Baltar.
As persoas interesadas en reservar a súa praza deben poñerse en contacto coa directiva do Laracha C.F. O autobús sairá ás 15.00 horas da praza do Concello. O partido disputarase a partir das 18.00 horas.
O equipo adestrado por Manuel Mosquera porá mañá domingo o punto e final á temporada 2012-13, na que rematou cuarto clasificado do grupo norte da preferente autonómica galega.
No partido de ida da fase de ascenso, disputado a semana pasada, o Laracha C.F. impúxose ao Portonovo por 5-2. No caso de superar esta eliminatoria, os de Manuel Mosquera subirían á terceira división se tres dos catro equipos galegos que están xogando a fase (Rácing de Ferrol, Celta B, Compostela e Deportivo B) ascenden á 2ºB.











