A parroquia de Lendo estreará o novo aparcamento público durante as festas parroquiais
O novo aparcamento público que o Concello da Laracha acondicionou no núcleo de O Cruceiro da parroquia de Lendo, fronte ao centro sociocultural e moi preto da igrexa de San Xiao e do cemiterio, xa está a disposición dos veciños da zona e visitantes.
A actuación xa está rematada, o que permitirá disfrutar deste novo espazo xa nesta fin de semana, na que a celebración das festas parroquiais durante o sábado e o domingo auguran unha alta afluencia de persoas a esta zona.
Esta nova área de aparcadoiro público de vehículos ten unha superficie superior aos dous mil metros cadrados e capacidade para uns cen automóbiles.











