A aula lúdica reforza polo verán os exitosos contacontos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+

A aula lúdica municipal do Concello da Laracha comezará a desenvolver a súa programación propia de verán coa chegada do mes de xullo. Despois de ampliar o seu horario e adaptalo ás vacacións dos nenos (desde esta semana o servizo funciona, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas), agora preséntase o calendario dos contacontos.

Cada semana haberá dúas sesións que se realizarán os martes e os venres, estando programado o inicio para as 11.00 horas e sendo a duración de, aproximadamente, dúas horas. Ademais de coñecer a historia que lles contarán as educadoras responsables da aula lúdica, os nenos realizarán durante a xornada actividades relacionadas coa mesma.

As datas e títulos dos contos son as seguintes:

Xullo

– 2: “Cniver, el perro y las tres cachorras chihuahuas.

– 5: “Simplemente María”.

– 9: “Conto do neno pobre e do neno rico”.

– 12: “Luisa quiere ser astronauta”.

– 16: “La cocinerita”.

– 19: “Xoana e Sergio”.

– 23: “O rato travieso”.

– 26: “Protesta de ficción”.

– 30: “El cuentito”.

Agosto

– 2: “A igualdade”.

– 6: “El deductivo señor Tábano”.

– 9: “A nena xirafa”.

– 13: “O señor robot”.

– 14: “Os anciáns desterrados”.

– 20: “O neno das mil cóxegas”.

– 23: “A conferencia dos paxaros”.

– 27: “O día do silencio”.

– 30: “La ratona que sabía hablar”:

Setembro

– 3: “Furmiga, el fútbol de las hormigas”.

– 6: “Micha y su abuelo”.

A aula lúdica municipal é un servizo de axuda á conciliación, gratuíto para os usuarios, que o Concello ofrece no marco do Programa Harmoniza, cofinanciado pola Deputación Provincial da Coruña.

Os únicos requisitos para ser usuarios son ter entre 3 e 12 anos de idade, estar empadroados no Concello da Laracha e solicitar a praza no Centro de Información ás Mulleres (CIM), situado no novo edificio administrativo.

28 de xuño de 2013 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.