Sorteadas as 10 prazas para os campamentos deportivos da Deputación

Sorteo público das prazas
O Salón de Plenos acolleu esta mañá o sorteo público das dez prazas que foron outogardas ao Concello da Laracha para participar nos campamentos deportivos que organiza a Deputación Provincial da Coruña.
Os nenos que foron agraciados, todos eles de idades comprendidas entre os dez e os catorce anos, participarán na terceira quenda do programa, que se desenvolverá na semana do 14 ao 20 de xullo.
Entre as prácticas deportivas que se realizan nestes campamentos están a equitación, paseos a cabalo, ruta en kaiak e piragüismo, capoeira, fútbol, voleibol, … Ademais, neste ano inclúese no programa, como novidade, actividades en idioma inglés.
Os rapaces que non obtiveron a praza quedarán nunha lista de espera agardando posibles baixas ou que a Deputación conceda á Laracha algunha praza extra.
Programas municipais
En próximas datas o Concello da Laracha presentará o seu programa de actividades de verán, que incluirá, como en anos anteriores, campamentos e campus de fútbol e baloncesto, entre outras moitas actividades.











