O próximo mércores finaliza o prazo para inscribirse na XVIII Carreira Popular organizada polo Concello de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

O Concello de Ordes manterá aberto ata o vindeiro mércores 5 de xuño o prazo de inscrición para poder participar na súa XVIII Carreira Popular. Unha proba que se disputará o vindeiro domingo 9 de xuño e na que cada ano se congregan a milleiros de persoas chegados de toda Galicia entre atletas profesionais e afeccionados de todas as idades a partir dos 0 anos. Para elo apuntarse basta con achegarse ata o Departamento de Cultura e Deporte, ubicado no primeiro andar do edificio consistorial, ou ben chamar ao teléfono 981 680002. Os corredores da categoría absoluta deberán facelo a través da páxina www.championchipnorte.com.

Este ano a organización entregará trofeos aos tres primeiros clasificados de cada modalidade nas categorías masculina e femenina, así como aos tres primeiros clasificados do Concello. Tamén recibirán premio os máis novos e os máis veteráns de cada proba. Como cada ano haberá premios en metálico destinados á carreira absoluta (xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns), que nesta ocasión serán de 150, 80 e 50 euros para os corredores individuais. No caso de clubes federados e grupos do municipio a cuantía será de 150, 100 e 50 euros.

Nesta cita deportiva o Concello de Ordes, organizador desta proba, conta coa colaboración de La Caixa, Gadis, Nutrexpa, Carnicería Enrique, Eurofrut, Cruz Vermella Ordes, Coca-Cola, Feiraco, Reale Seguros, Jaime Castro asesoría e seguros. Para Máis información poden contactar  cos organizadores a través do teléfono 981 680002 ou ben visitar a páxina web do Concello www.concellodeordes.com, onde atoparán todos os enlaces precisos.

31 de maio de 2013 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.