publicidade hoxe

O Pleno aprobou o proxecto de acondicionamento da intersección da EP 8503 Cordeiro-Senín coa N-550

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraProvincias
A-
A+

A Deputación Provincial de Pontevedra aprobou hoxe, en sesión plenaria, o proxecto definitivo da obra de acondicionamento da intersección da EP-8503 Cordeiro-Senín coa N-550 (Valga), á que destinará un orzamento de 62.357,42 euros dos cales 14.134,32 se corresponderán co capítulo de expropiacións.

O Pleno resolveu un recurso de reposición interposto fronte a un anterior acordo plenario do 22 de febreiro de 2013 polo que se resolvían as alegacións presentadas ao proxecto.

Coa aprobación definitiva deste, queda ratificada a exposición pública do proxecto e do expediente de expropiación,  así como a declaración de utilidade pública da obra e a de urxente ocupación.

Segundo recollen os informes técnicos, «en datas recentes o Ministerio de Fomento levou a cabo as obras de mellora ó seu paso polo Concello de Valga, punto no que se mellorou a zona do enlace da N-550 coa estrada provincial EP-8503 Cordeiro-Senín». Segundo o documento, «co fin de completar a seguridade viaria no antedito entronque resulta necesario acometer as obras de mellora na zona pertencente á vía provincial, eliminando o estreitamento existente e mellorando así a seguridade viaria».

Así, para eliminar o estreitamento existente será necesaria a expropiación parcial dun galpón lindeiro coa vía e a retirada parcial da lousa, os peches e a franxa do viñedo existente, ademais da reposición dos servizos e a posterior pavimentación do tramo afectado.

3 de maio de 2013 | 20:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.